viernes, 27 de marzo de 2009

VIII MARATON FUTBOL-SALA OUROL 2009

A S.D. Ourol organiza un ano máis, e xa van oito, o MARATON FUTBOL SALA DE SEMANA SANTA que terá lugar os días 9, 10 e 11 de Abril no Pavillón de Deportes de Ourol.

Repartiránse 1.500 euros en premios e oito trofeos para o mellor porteiro e omellor xogador de cada categoría (SENIOR e SUB-16), para os catro primeiros clasificados da categoría senior e para os dous primeiros na categoría SUB-16.

No torneo haberá árbitros da Federación de Fútbol-Sala de Lugo e aplicaranse as normas da LNFS. Os equipos estarán formados por un máximo de 12 compoñentes, e no caso da categoría Sub-16, só poderán participar persoas que teñan 16 ou menos de 16 anos durante os tres días que dure ó torneo.

O precio da inscrición e de 100 euros para a categoría SENIOR e 50 euros para a categoría SUB-16. Estos cartos deben ser ingresados na conta de Caixa Galicia número 2091.0131.38.3000027827, indicando o nome do equipo e unha forma de contacto, antes das 13.00 horas do día 6 de Abril de 2009.

Para mais información ou para apuntarse ao noso Maratón hay que comunicalo a través dos teléfonos 639.488.376 (Arís) ou 619.882.804 (Víctor).

Quedan poucos días xa, así que ¿a qué esperas para inscribir ó teu equipo?

No hay comentarios: