Cada mes farase unha entrevista a unha persoa da plantilla que sexa noticia, éste mes, como non podía ser doutra forma , o elexido é Orlando, novo técnico da SD Ourol.
1.Bos días Orlando, para empezar gustarianos que nos fixeras unha pequena presentación da tua traxectoria no mundo do fútbol:
Bos días, pois estiven un ano nos cadetes do Viveiro CF e doce no SDR Sacido.
2. ¿ Qué posición ocupache dentro do terreo de xogo na tua carreira deportiva?
Ocupaba a posición de centrocampista organizador.
3. Cando che surxiron as gañas de ser entrenador dun equipo de fútbol? ¿ De qué forma surxiu o teu fichaxe pola SD Ourol?
Desde que era xogador sempre me gustaba fixarme nos adestramentos que faciamos.
O tema de entrenador a SD Ourol comentoumo un xogador en nome da directiva e así comezou a coller forma.
4. ¿ Cál é o teu esquema de xogo preferido?
Decántome por un 4-2-3-1
5. ¿ Cáles son os teus obxectivos para esta tempada?
Formar un grupo cohesionado e constante para obter sempre o mellor resultado posible partido a partido, sen mirar a longo prazo.
6. ¿ Qué metas te marcas para o futuro?
Non me gusta facer plans de futuro, paso a paso.
Lanzamentos de penalty:
Un lugar: Galicia
Unha comida: Caldo Galego
Unha película: Braveheart
Un grupo musical: Andrés Calamaro
Unha canción: Estadio Azteca
Un equipo de fútbol: O Celta
Un xogador de fútbol: Laudrup
No hay comentarios:
Publicar un comentario